Monday 29 de April de 2024

Alternativa de Cambre volve denunciar o despilfarro de recursos públicos do Concello


O grupo de goberno de Cambre dirixido polo señor Patiño dilapidou 150.000 euros en comunicación, pero a realidade non é outra que é unha forma de realizar campaña para o seu grupo político co diñeiro de todos.
Son 150.000 euros para tapar a incompetencia dun grupo de goberno que desinforma e maquilla a realidade ao seu antollo. Son 150.000 euros que se poderían utilizar en cousas máis importantes que o autobombo dun goberno municipal sen proxecto e sen capacidade para xestionar Cambre.

non imos engadir nada a un espazo residual que deixan para os grupos politicos nos q inclúense ademas os que gobernan (coma se non fose suficiente a promocion que fan deles mesmos no panfleto), restando espazo á oposicion para informar da realidade de cambre. Non se pode usar o diñeiro dos veciños para facer campaña.